A playlist de The Soul Jacket: Clásicos na estrada

A playlist de The Soul Jacket: Clásicos na estrada
27 Xullo, 2017 gestion

The Soul Jacket poñerá este Noroeste Estrella Galicia a nota americana e de raíz con ecos do Misisipi Delta. Unha festa en directo á que estás convidado ou convidada o xoves 10 de agosto na Praza de San Nicolás a partir das 22 h. Así definen eles esta selección maxistral de clásicos que nos fixeron para ir abrindo boca: “Esta non é unha playlist ao uso, máis ben é a banda sonora dunha viaxe. En máis dunha ocasión recoñecemos que os nosos discos xéstanse en gran parte durante as nosas xiras, escoitando música durante horas na furgoneta; pois ben, aquí van algunhas das cancións, discos e artistas que nos acompañaron durante centos de quilómetros”.

Empecemos!

Dr. Dog – ‘Shadow People’

Comecemos polo final, porque na xira de presentación do noso último traballo Untitled. VOL III houbo un grupo que non deixou de soar na nosa furgo, Dr. Dog. Melodías dignas dos mismísimos Beatles, arranxos maxistrais, temas pop perfectos e, sobre todo, discos que se saborean escoita tras escoita.


Merry Clayton – ‘Southern Man’

O señor Neil Young ten un lugar seguro no noso santoral. Southern man ten unha clara mensaxe en contra do racismo, e iso buscamos nós nas nosas cancións, que conten historias importantes que sexan combativas e que removan ao oínte.


Crosby, Stills Nash & Young – ‘Carry On’

Cos seus colegas David Crosby, Stephen Stills e Graham Nash facturaron Dèja Vu, un dos nosos discos de cabeceira.


Kyuss – ‘Demon Cleaner’

Regresabamos a casa desde Barcelona, estabamos rebentados, caía a tarde e cruzando Monegros soaba isto…


Bob Marley & The Wailers – ‘Stir It Up’

A estas alturas creo que xa quedou claro que dentro de The Soul Jacket os gustos musicais son moi dispares, pero hai un punto en que todos coincidimos: Bob Marley and the Wailers. Este directo na BBC estivo unha tempada flotando na nosa furgoneta.


Dr John – ‘Revolution’

Locked Down!! Este disco voounos a cabeza. Un xigante da música de New Orleans como Dr. John pasado polo tamiz de Dan Auerbac. Un discazo de principio a fin.


Carlos Santana + Buddy Miles – ‘Them Changes’

Santana e Buddy Miles. Esta unión xamais podería fallar, puro ritmo!


The Band + Bob Dylan – ‘Forever Young’

Con este vídeo matamos dous paxaros dun tiro: The Band e Bob Dylan. Indiscutibles!


Pink Floyd – ‘Fearless’

Os discos de Pink Floyd soan sen descanso nas nosas viaxes, e neste tema mestúrase a psicodelia e o country como só os mestres poden facelo.


Fleetwood Mac – ‘Oh Well’

Algún día versionaremos este tema.


Funkadelic – ‘Cosmi Slop’

Realmente é o primeiro disco de Funcadelic o que encheu horas de xira, pero neste caso non puiden resistirme a compartir esta tolemia que, por outra banda, conecta bastante ben coa nosa filosofía.


The Beatles – ‘Don’t Let Me Down’

E por último a eterna pregunta, Beatles ou Stones? A nós non nos importa, querémoslles por igual.

 

The Rolling Stones – ‘Sweet Virginia’

… Só temos gratitude cara a eles.