A banda No More Lies cancela, por causas alleas á organización, a súa actuación no 31 Noroeste Estrella Galicia, que incorpora os cataláns Crim

A banda No More Lies cancela, por causas alleas á organización, a súa actuación no 31 Noroeste Estrella Galicia, que incorpora os cataláns Crim
4 Agosto, 2017 gestion

Lamentablemente, No More Lies non poderán estar na 31 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Tiveron que cancelar o seu concerto por motivos alleos á organización e no seu lugar confírmase a presenza dos cataláns Crim, que actuarán o mércores 9 de agosto ás 22.15 no escenario do Campo da Leña.

Así, finalmente o cartel do mércores 9 de agosto no Campo da Leña queda da seguinte maneira:

20:15_ Romance
21:15_ Klüte
22:15_ Crim
23:30_ Mourn

CRIM

Crim é unha banda de punk-rock de Tarragona formada en 2011 e inspirados pola crueza e as melodías de bandas como Social Distorsion, Leatherface, Cock Sparrer, Vanilla Muffins, etc.  Na súa traxectoria publicaron tres discos, o último en outubro de 2016, Blau sang, vermell cel. Guitarras contundentes e concisas, voz áspera, clara e arrogante, cunha potente e poderosa sección rítmica que fai que o son atrape a todo aquel que o escoita, mergullándoo nun mar de sons que rememoran os monstros máis sacros do punk rock. Como pór nunha cocteleira os himnos dos primeiros Cock Sparrer, os parafraseados dos grandiosos Leatherface e as harmonías dos mellores temas de Social Distortion.