A playlist de Adrián LeFreak e Eva Picnic: 10+1 hitazos

A playlist de Adrián LeFreak e Eva Picnic: 10+1 hitazos
20 Xuño, 2017 gestion

Adrián LeFreak e Eva Picnic teñen un longo percorrido ás súas costas como DJs. O primeiro, coruñés de pro, reside no madrileño club Tupperware desde 2002. Pinchou en salas emblemáticas coma o Playa Club, La Fábrica de Chocolate, Low, Independance, Ochoymedio, Nasti, etcétera, e en festivais coma o FIB ou o DCode. O seu estilo defínese pola mestura de clásicos e novidades do indie, disco, pop, rock e electrónica, desde os 60 ata a última portada do NME, lanzando hits e temas non tan coñecidos. Eva, pola súa parte, pertence a unha das estirpes con máis soleira do barrio madrileño de Malasaña, a dos responsables do Tupperware. Desde 2008 encárgase ademais do veciño Picnic, e ultimamente retomou a súa afección ás cabinas con ‘Eyeliners’ (xunto a Lucía Prada e Eva Amaral) e formando un dúo explosivo xunto a Adrián LeFreak. Este verán lles veremos en acción no Noroeste Estrella Galicia. Tomade nota, sábado 12 de agosto á 1.30 h no Bristol Bar.

Esta é a súa lista de imprescindibles!

 

The Doors – ‘Break On Through (To The Other Side)’

Unha década (os 60) condensada en menos de dous minutos e medio. Este ritual pagán explosivo sempre funciona en calquera pista, o antídoto perfecto para o “Despacito” (ou para quen o pida).

Phoenix – ‘Entertainment’

Unha das miñas bandas favoritas -fala Adrián- desde o seu primeiro disco, United. Entertainment á unha carta de amor da que podería apropiarme para expresar o que sinto cara a miña profesión como DJ.

Electric Light Orchestra – ‘Livin’ Thing’

É difícil quedarse cunha da ELO, pero esta ten todos os elementos que me gustan da banda de Jeff Lynne: a épica, o disco, o puro pop co sabor inconfundible dos Beatles, e en definitiva a maxia que ten a música para transportarte a outros lugares.

Tame Impala – ‘Let It Happen (Soulwax Remix)’

Uns dos nosos remesturadores favoritos (Soulwax) operando sobre unha das mellores cancións dos últimos anos. O resultado é unha peza de psicodelia/electrónica que invita a deixarse levar polo seu ritmo.

Prince – ‘1999 (edit)’

A fusión de funk e pop de Prince non se pode deixar de lado cando se trata de mover a pista. E aínda que pasaran 18 anos non podemos deixar de festexar cada noite “coma se fose 1999”. Grazas a Prince e a Jacko por Bruno Mars, Justin Timberlake, etc.

Hot Chip  – ‘Over And Over’

Herdeiros naturais de New Order, Hot Chip son a banda que me devolveu a fe na música electrónica bailable. Como LCD Soundsystem, Cut Copy, ou !!!, alma orgánica e corazón dixital son necesarios para seguir emocionándonos.

Sweet – ‘Fox on the Run’

Si, xa pinchabamos esta antes de que “Guardianes de La Galaxia” a rescatase para a BSO da súa segunda parte. Un temazo de glam-rock capaz de levantar todas as festas onde soe. Especial mención ao uso do sinte ADSR-ARP que a diferenza das súas contemporáneas.

Dum Dum Girls – ‘There Is A Light That Never Goes Out’

Non podería faltar unha versión, e tiña que ser de The Smiths. Máis sucia, máis machacona, quizais non supere á orixinal, pero se é suficientemente diferente para gañarse o seu lugar nesta lista.

Fleetwood Mac – ‘Go Your Own Way’

Un dos discos máis vendidos da historia e… coincide que é boísimo! Por que xa non pasan esas cousas agora? Reivindicamos que o comercial non ten que estar pelexado coa calidade e que siga habendo espazos onde se manteña a “boa música” sexa do estilo e da época que sexa.

Chucho – ‘Magic’

Para pechar, unha española moi bailonga, para que non se diga. Eva houbese elixido unha de GoldLake e Adrián una de Xoel López, pero non queremos que nos tachen de favoritistas ;).

 

**BONUS TRACK
Arcade Fire – ‘Everything Now’

Porque ademais das cancións de sempre, hai que ter un ollo nas novidades. Arcade Fire fascínanos aos dous desde o principio, e síguenos encantando que saque temas como este, que encaixa perfectamente coa selección que vos fixemos.

Escoita a lista completa de Adrián LeFreak e Eva Picnic en Spotify.