A playlist de Eladio y los Seres Queridos: da música barroca a Oasis pasando por Mercedes Sosa

A playlist de Eladio y los Seres Queridos: da música barroca a Oasis pasando por Mercedes Sosa
7 Xullo, 2017 gestion

Co seu gusto polo folklore de aquí e de alí, Eladio y los Seres Queridos serán a guinda perfecta do Festival Noroeste Estrella Galicia 2017 o domingo 13 de agosto na romería do parque do Paseo das Pontes, a multitudinaria festa campera -e a plena luz do día- que será de novo o peche redondo a seis días de música en vivo. A ampla e verde pradera do Parque do Paseo das Pontes recibirá unha selección de actuacións ao longo de todo o día para gozar unha xornada de picnic en familia ou con amigos. Con dito pretexto, o líder da banda, Eladio Santos, presentounos a súa ecléctica selección musical que agocha máis dunha sorpresa. Pasen e escoiten.

‘Quen poidera namorala’ – Luis Emilio Batallan

É simple e ten fondura e emoción; o tipo de canción perfecta que perseguimos. Combina unha estructura tradicional cunha letra de vangarda… pero aí están os anhelos de sempre. É inmortal.

‘Abandoned Love’ – Bob Dylan

Dylan é o pai de toda a música popular moderna. El tamén introduciu a poesía e a literatura en estruturas folkclóricas. Ten as raíces na terra pero extende as polas ao ceo.

‘Havemos de ir a Viana’ – Amalia Rodrigues

É triste e alegre ao mesmo tempo. A letra e a melodía son impresionantes, pero ademais está a voz de Amalia… Como pilotaba o aire e o sentimento!

‘I Wanna Hold Your Hand’ – The Beatles

Los Beatles son os catro evanxelistas e a súa obra o novo testamento. Sempre pensamos que aquí están a dicirlle ao mundo enteiro: “Dame a man e sae dunha vez desa escuridade”… Ás veces tamén pensamos que salvaron o mundo.

‘Dixiland’ (An American Trilogy)’- Elvis Presley

Outro xigante… Non fan falla comentarios.

‘La javaneise’ – Serge Gainsgbourg

Gústanos a versión que facía nos 80, demacrado, parecía ter entregado todo e resumía a súa carreira. O lóstrego de luz e sabiduría que pode haber nunha boa canción… Esa beleza, ese mundo efímero e sutil que queremos atrapar.

‘Champagne Supernova’ – Oasis

Foron una referencia para todos nos 90. Troxeron moita maxia. Cada día son mellores e descubrimos os seus discos menos coñecidos.

‘Alexandra Leaving’ – Leonard Cohen

Esa voz inaugurou unha forma de cantar, directa, sen imposturas e realmente seductora. “Ven eiquì estoute a falar a ti”. Face to face… Se Dylan foi da música á poesía, Cohen foi da poesía á música.

‘Trunca Norte’ – Mercedes Sosa

Unha voz telúrica, a voz da nai, da terra… Unha pasada.

‘Suspiros de España’ –  A. Alvarez.

Tráeme mil imaxes á cabeza… É algo moi plástico; sempre penso en mulleres escapando das bombas cos fillos nos brazos. A veces facemos sesións de pasodobles na furgoneta… Este e Ponteareas son os nosos favoritos.

‘Naves que dan vueltas’ – Prin lala

Cando saiu este disco flipamos. Moita maxia.

‘Sarao de la chacona’ – Juan Arañes

Esta canción é moi divertida e ten un ritmo adictivo.

Escoita a lista completa de Eladio y los Seres Queridos no Spotify.