A playlist de Juanpopp: o DJ en estado puro

A playlist de Juanpopp: o DJ en estado puro
1 Agosto, 2017 gestion
Juanpopp foi DJ da sala Sugarpop durante 8 anos e capo e DJ residente de Polaroid Club -ambas en Granada- durante outros cinco. Agora podédelo atopar semanalmente en La Sala, na mesma cidade, e eventualmente en clubs como Planta Baja (Granada) ou VELVET Club (Málaga). Pasou por todo tipo de festivais ao longo dos seus 15 anos de experiencia (FIB, SouthPop, Lemonpop, Creamfields/OLA, Granada Sound, Pulpop, etc.) e percorreu as mellores salas do indie patrio (Razzmatazz, Fever, Nasti/Astoria, La Fábrica de Chocolate, etc.). A súa traxectoria, o seu bo gusto e unha técnica envexable para mesturar guitarras convérteno nun dos mellores. Synth-pop, french touch, nu-disco, rock, indie, shoegaze… vanguardismo musical. Todo iso o venres 11 de agosto no Milk Pub. Mentres, aquí vai unha pequena chiscadela en forma de playlist para que se che poñan os dentes longos.

Kasabian – ‘You’re In Love With a Psycho’

A volta de Kasabian non pode ser mais excitante. Nesta canción, en concreto, coa que se che van sós os pés, deixan a psicodélica ao carón e realizan un dos refráns do ano.

Arcade Fire – ‘Everything Now’

Talking Heads, ABBA, Bowie, os Metronomy de The English Riviera… O primeiro single do retorno dos canadenses soa a todo iso, pero sen dúbida xa teñen selo propio. Soa a Arcade Fire. Unha melodía endiablada que che empalaga como o mel e uns coros épicos fan desta unha das cancións do ano, sen dúbida.

 

Sundara Karma – ‘Olympia’ 

Primeira sorpresa deste ano co debut de Sundara Karma. Xa quixesen The Killers compoñer algún dos hits que contén o seu primeiro álbum. Bombazo.


The xx – ‘On Hold’

Delicadeza e sensibilidade pop nun dos singles do ano. É difícil atopar eses adxectivos en temas electrónicos, pero The xx está claro que xogan noutra liga. A produción intachable de Jamie XX fan o resto. Chapeau!

 Los Punsetes – ‘¡Viva!’

VIVA! volveron os mellores Punsetes. Letras descaradas e atrevidas, que xa se botan de menos no indie en castelán, cada vez máis anodino. “Viva o presidente e viva o goberno, grazas a vós van ser eternos”. AMOR

Ten Fé – ‘Overflow’

Do metro de Londres a gran promesa do indierock en Gran Bretaña. Compáranos con Coldplay, War on Drugs ou mesmo con Simple Minds. O que está claro é que as súas cancións son redondas, como este Overflow, con produción de Ewan Pearson, que é garantía de calidade e bo son. Unha das bandas para ter en conta desde xa. P.D. Busquen a versión que fixeron de Born Slippy, de Underworld…

Formation – ‘Buy and Shell’ 

The Rapture estarían orgullosos destes londinienses. Enerxía punk enfocada na pista de baile nunha oda ao consumismo. Bravo.

WHITE – ‘Hit Hit Hit’
Tema dance-rock, deses que á primeira escoita fan que saltes como un descosido co seu estribillo (comprobado). Outro excitante debut que chega de Gran Bretaña.

Los Planetas e La Bien Querida – ‘Espíritu olímpico’

Que máis se pode dicir de Los Planetas. Con esta canción conseguen por fin a mestura alquímica perfecta que levaban buscando desde hai anos: flamenco + pop. O tema máis luminoso do seu esperado regreso.

Royal Blood – ‘I Only Lie When I Love You’
Teño que recoñecer que estes mozos tenme atrapado desde o minuto un. Esta en concreto parece simple nunha primeira escoita, pero cando lle dás ao play varias veces che das conta de que che agarra do pescozo e non che solta. E fano con dous elementos: batería e baixo. Sen artimañas e ao gran.

Escoita a lista completa de Juanpopp en Spotify.