A playlist de New Day: un menú completo e sen etiquetas

A playlist de New Day: un menú completo e sen etiquetas
4 Agosto, 2017 gestion

New Day fan dobrete no Festival Noroeste Estrella Galicia. E nós agradecémosllo. Aínda que nesta ocasión non estarán ao completo, só eles. Jota e Samu visitarán o mítico Fuzz Bar o mércores 9 desde as 0.30 h, un rato despois de tocar coa banda na praza das Bárbaras. Unha ‘pinchada’ tan trepidante como a selección que nos adiantaron para empezar a salivar como o can de Pávlov.

 

Bleached – ‘Keep On Keepin’ On’

Gran grupo que descubrimos grazas a Nora, de Ola la Meta.


Peaches & Iggy Pop – ‘Kick It’

Unha flipante colaboración de dous grandes. Esta canción mantén a intriga ata o final.


The Sounds – ‘Painted By Numbers’

Pop sueco do bo.


Vant – ‘Parking Lot’

London Grunge is not dead!


L7 – ‘Pretend We’re Dead’

Canción molona, grupo molón.


Veruca Salt – ‘Seether’


Distillers – ‘Drain The Blood’

A primeira vez que escoitamos esta canción pareceunos impactante.


Beastie Boys – ‘Body Movin’

Classic grooving!


Citizen King – ‘Safety Pin’

Gran disco de dancing para o ano 1999.

Arthur Baker – ‘Breaker’s Revenge’

Canción de Freestylers remesturada para recordar cando faciamos break dance


Freestylers –  ‘London Sound’

Bo exemplo de british jamaican breakbeat.

Molotov – ‘Here We Kum’

Groove e sentido do humor todo xunto.


La Roux – ‘Bulletproof’

A Madonna dos 00s.


Neneh Cherry – ‘Buffalo Stance’

Auténtico rap pop dos 80s.