A playlist de Os Gru: Máquinas e tropicalismos

A playlist de Os Gru: Máquinas e tropicalismos
21 Xullo, 2017 gestion

Os Gru, ou o que é o mesmo, Vanesa Castro e Iñaki López, son dous artistas visuais que forman parte da produtora independente Fur Alle Falle. Levan dúas décadas creando, lles encanta pinchar e ambientar situacións-. No Festival Noroeste Estrella Galicia poderás velos en todo o seu esplendor o mércores 9 de agosto na praza das Bárbaras ás 20.30 h. Un espectáculo en directo e moi orixinal onde conxugan as súas pezas máis destacadas de estilos tan dispares como a electrónica, o dubstep, o pop, o reggae ou o rap. Esta é a selección musical que nos propoñen como aperitivo.

Rob Mackoy – ‘Trap Queen’

Empezamos a sesión cun arranxo vocal.

Bad Gyal – ‘Indapanden’

Para pillar o beat algo fresquiño e plurinacional.

Tego Calderon – ‘La media’

Tego é dos que conecta a vella escola co que sae novo.

Azealia Banks  – ‘Nathan’

Encántanos como se mestura o sinte coa voz neste tema.

David Heartbreak – ‘King Kong’

Algo así bastorro.

Sumthin Sumthin – ‘Dawn’
Algo de ruralidade e post dub step. Gústanos cando se traballa o son como un material plástico.

Qrion – ‘IPhone Bubbling’ (omniboi remix)  

Elegancia, delicadeza e cotidianeidade dos guantes brancos de Omniboi.

Hidrogenesse – ‘El pantalón’

Primeiro están os deuses facendo música, logo está Hidrogenesse de Austrohungaro.

Fagot y Popota – ‘Las tetas de Lara’
Hai que viaxar lonxe, o cal non quere dicir que te teñas que ir moi lonxe.

Emilio José – ‘Second Life’
Emilio José podería matarnos a bailes, pero non quere.

Os Gru – ‘A miña burra’
Da rave á ruada.

Capullo – ‘La conformidad’

Un merengue para o que fixemos este videoclip desde Fur Alle Falle.