A playlist de Terrier: A vida pode ser marabillosa

A playlist de Terrier: A vida pode ser marabillosa
13 Xullo, 2017 gestion

Se un concerto de Terrier é todo o que precisas para recibir unha inxección de vitaminas, a súa playlist é como recibir unha dose dobre. A banda afincada en Madrid actuará o sábado 12 de agosto na Praza da Galera e os seus catro compoñentes quixeron deixarnos algunhas pílulas da súa receita musical. Dálle ao play e saborea!

MANOLI

Total Control – ‘Carpet Rash’

Grupo de Australia de post-punk. Canción de sete minutos que podería estar escoitándoa en bucle toda a vida.

 

Davila 666 – ‘Basura’

Dúo de Vigo xa inactivo. Ogallá volvesen.

DON MATIAS

Univers – ‘Travessant la llum del Sol’

Temazo con aires post “ochentunos” e un pouquiño de épica. Univers son un grupo amigo de catalonia e agardamos que as nosas axendas coincidan nalgún momento para tocar con eles.

The Brian Jonestown Massacre  – ‘Neverhless’

Tema que tamén nos acompaña desde o principio. TBJM foron un dos grupos nos que nos fixabamos cando empezamos a tocar xuntos. Boas cancións, ambiente un pouco yonki, ben.

DAVID

Modern Lovers – ‘Old World’ 

Cun tema de Modern Lovers puxeches un da Velvet Underground que non pode faltar nunca e algo do espírito punk que chegaría despois.  Sempre facemos versións de Modern Lovers desde o principio.

 

The Clean – ‘She Goes She Goes’ 

The Clean é unha perla neozelandesa que non anda moi lonxe do espírito de Modern Lovers. Da Velvet aos Beatles nun menos é máis maravilloso.

Deerhunter –  ‘Desire Lines’ 

Este tema é incrible, e o disco enteiro tamén. Máis ou menos na época que saliu o disco empezamos a tocar xuntos. Bos recordos.

The Stone Roses – ‘I wanna be adored

Este disco… encántanos e sempre cae na furgoneta. Non se pode dicir nada que non se dixo xa.

LILI

Violent Femmes – ‘Gone Daddy Gone’

Grupo favorito onde os haxa. Elixo esta por ser das primeiras que aprendín e tamén a que máis bailei.

Beach Fossils – ‘Sometimes’

Descubrín este disco un verán de vacacións na praia e converteuse na banda sonora perfecta. As melodías, pero sobre todo o son en xeral do disco, lévanme sempre a esa sensación de verán.

 

El Último Vecino – ‘Mi chulo’
Un grupo descuberto hai pouco que enseguida se converteu en favorito. Esta versión sorprendeume e enganchou desde o primeiro momento, e iso que de trap nin idea.

Escoita a lista completa de Terrier en Spotify.