A playlist de Tórtel: 10 cancións de 2017 que soarán na furgo de camiño ao Noroeste

A playlist de Tórtel: 10 cancións de 2017 que soarán na furgo de camiño ao Noroeste
3 Xullo, 2017 gestion

Para Jorge Pérez, alias Tórtel, “unha boa forma de pasar o rato nas viaxes é escoitar música e falar dela”. É máis, cada membro da banda “ten o seu turno para exercer de dj”. Algo así como unha festa preconcerto onde “solemos escoitar cancións que nunca nos cansan, desde Mina a Julia Holter, pasando por Beach Boys, Lennon ou Drake… Outras son felices descubrimientos deste 2017.” Temos a sorte de que o valenciano, que o pasado outubro editou o seu último disco, Transparente, e que virá a presentalo ao Festival Noroeste Estrella Galicia -o xoves 10 de agosto-, quera facernos partícipes esta vez da súa sesión na estrada. E, atención, porque ven cargada de novidades. Toda unha (grande) selección do que levamos de 2017.

Frank Ocean – ‘Chanel’ 

Blonde foi un dos discos do ano pasado que máis escoitei. Tiña cancións tremendas e esta nova sorpresa da mente hipercreativa de Fank Ocean está á altura, ou ata incluso a supera. Que elegancia…

Jay Som – ‘Baybeen’

Esta canción parece algo inocente, cos seus aires de pop luminoso e ese groove un pouco funky, pero creo que en realidade ten bastante máis mala baba do que parece. Dame moi bo rollo escoitala.

Perfume Genius – ‘Slip Away’

Un single xenial para un disco enorme. Se aínda no oiches No Shape volo recomendo moitísimo.

Waxahatchee  – ‘Never Been Wrong’

Gústame moito a forza desta canción. Unha canción de indie rock das de sempre, co difícil que é iso. Katie Crutchfield é unha xenia.

Marika Hackman – ‘Boyfriend’

Está chea de ironía e tamén da enerxía grunge da banda (case adolescentes) Big Moon. Gústame moito o hook ”desafinado” e o son que conseguiu Charlie Andrew (Alt-J).

Gabriel Garzón Montano  – ‘Sour Mango’

Este disco atrapoume sobre todo polo imaxinativo da súa produción. Ten arranxos alucinantes. Gabriel currouse un xenial disco de debut, el guísao e el cómeo.

Ariel Pink – ‘Another Weekend’ 

Declárome moi fan de Ariel Pink e a súa forma “desprexuiciada” de entender o pop. Mestura o retro co futurista, o emotivo co cómico…  sempre lanzando cancións desde o seu propio planeta.

Mac Demarco – ‘This Old Dog’

Non sei moi ben como, pero hai moitas cancións de Mac Demarco que acaban atrapándome. Ese aire de gamberrete que o fai todo sen esforzo, con algo de preguiza… Con todo sabe moi ben onde apunta. Non dá puntada sen fío.

Hercules & Love Affair & Sharon Van Etten  – ‘Omnion’

Gústame moito escoitar a voz de Sharon Van Etten nun contexto así; soa aínda máis emocionante e misteriosa que de costume, e tamén mola como se conteñen Hercules and Love Affair. Vaia canción!

Sufjan Stevens, Bryce Dessner, Nico Muhly &J McAlister – ‘Mercury’

Por fin este 2017 editouse o disco que recolle as cancións de Planetarium, un proxecto para directo que xuntou a estes catro prodixios, se non me equivoco, en 2014. Aquí hai un pouco de cada un deles; pop-folk, electrónica, música clásica… Mercury mola para conducir de noite por unha estrada deserta esperando que un ovni nos abduza.

Escoita a lista completa de Tórtel en Spotify.