ALA.NI e Lula Pena únense a Rosalía & Raúl Refree no cartel do Castelo de Santo Antón

ALA.NI e Lula Pena únense a Rosalía & Raúl Refree no cartel do Castelo de Santo Antón
30 Marzo, 2017 Quino

A 31 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 8 al 13 de agosto en más dunha decena de escenarios espallados pola Coruña, ven de pechar o programa dun dos seus espazos máis especiais, o Castelo de Santo Antón.

A carga histórica e identitaria do espazo, a proximidade do mar, o ambiente que se xera co público e a fondura e o enorme talento de tres voces femininas con personalidade propia farán de cada noite no Castelo una experiencia inesquecible. A lírica alterada polo toque trasnoitado do jazz da londiniense ALA.NI e o phado persoalísimo co que a lisboeta Lula Pena destroza fronteiras físicas e mentais súmanse ao xa anunciado flamenco experimental do tándem Rosalía & Raül Refree nun programa que promete descubertas e emocións para todas as persoas que se acheguen ao Castelo de Santo Antón os días 9, 10 ou 11 de agosto. Como en edicións anteriores, os concertos do Castelo serán de balde, pero haberá que retirar entrada.

Unha a unha

Elegancia e sofisticación definen o estilo de ALA.NI. Esta londinense de pais caribeños compón, produce e canta unha música intemporal, viva. Cancións imperecedoiras, concisas, arranxadas e orquestradas cunha delicadeza sublime, que interpreta coa súa voz de soprano, alterada polo toque trasnoitado dunha diva do jazz, quizais herdada ou inspirada pola obra do seu tío avó Leslie Hutchinson, quen fora unha estrela do cabaré nos anos 20 xunto a Cole Porter. O seu álbum debut You & I (Naïve, 16) é froito dunha madurez que só da a experiencia vital, no seu caso ligada desde nena á música e á moda. ALA.NI foi corista de Damon Albarn (Blur), Andrea Bocelli e Mary J. Blige, pero tamén artífice da súa primeira colección, presentada na Fashion Week de Londres, e colaboradora de coñecidas marcas como Colette ou Estée Lauder. Unha figura contemporánea do Renacemento que, desde hai dous anos, viaxa polo mundo susurrando interpretacións singulares, rebosantes de coraxe e sinceridade, e proxectantes de emoción.

A cantora, poeta, compositora e guitarrista lisboeta Lula Pena posúe unha voz única e profunda, que sigue as súas propias regras e esnaquiza fronteiras físicas e mentais. Unha voz segura e sensible, inquietante e conmovedora, que transita polas marxes do blues, do flamenco, da chanson française, do phado (como ela prefire chamarlle) e da bossa nova. A súa música é un organismo vivo, mestura pura das raíces da música portuguesa, europea, caboverdiana e brasileira e máis da interacción da artista co público que a acompaña nos seus directos, sempre sorprendentes. Soa ou acompañada polo multi-instrumentista guineano Mu Mbana ou polo saxofonista neozelandés Hayden Chisholm, Lula Pena ten presentado as súas longas e divagantes pezas nos palcos de medio mundo, dende Chile a Zimbabwe, dos Estados Unidos aos máis íntimos recunchos de Europa. Vén ao Noroeste Estrella Galicia co seu terceiro álbum, Archivo Pittoresco, aínda fresco debaixo do brazo. Con el, explora musicalmente o movemento dos pintores do século XIX que decidiron saír dos seus talleres e explorar paisaxes, ruínas e vistas asimétricas. Faino cun directo, libre e aberto, sempre único. Irrepetible.

Rosalía posúe unha das voces máis novas e máis prometedoras do flamenco actual, que namora e emociona coa riqueza dos seus matices. Xunto a Raül Reefre -mestre da experimentación instrumental, referencia da guitarra e da produción musical- puxo patas arriba o panorama musical español coa súa proposta de flamenco experimental, Los Ángeles. Rosalía é moi nova, pero leva xa más de dez anos demostrando a súa arte e a súa versatilidade sobre os escenarios, colaborando con artistas como Rocío Márquez, Chicuelo, Fura dels Baus ou o rapeiro madrileño C. Tangana. Raúl Refree, pola súa banda, participou nalgúns dos discos más importantes dos últimos anos, xunto con Silvia Pérez Cruz, Kiko Veneno, La Mala Rodríguez, Christina Rosenvinge ou Lee Ranaldo (Sonic Youth). Rosalía & Raúl Refree, xuntos, camiñan pola fina liña que separa a tradición da experimentación, para levar o público a un lugar no que non existen os límites do purismo.

Ala.ni, Lula Pena e Rosalía & Raül Reefre toman o relevo de Neil Halstead, Howe Gelb e Denis Jones, os artistas que o pasado ano fixeron vibrar o público do Noroeste Estrella Galicia cos seus directos -emocionantes e sorprendentes- no Castelo.