Adrift

Xoves_10_Agosto

Biografía

Con referentes en bandas como Neurosis, Isis, Sunn o))), Kyuss, The Melvins, Black Sabbath, Sonic Youth ou King Crimson, os Adrift achegan ao cartel do Noroeste Estrella Galicia sons tan diversos como o sluge, o doom e o rock progresivo ou experimental. A consigna é intentar saír sempre do establecido, sen présa, deixando que as cousas tomen forma mentres se gozan. A banda formouse no sur de Madrid a finais de 1999 e, pouco a pouco, foise facendo un nome dentro da escena alternativa nacional e internacional. Os seus compoñentes son Jaime García (batería), Daniel Chavero (baixo), Jorge García (guitarra e voz) e David López (guitarra). Músicos activos que adoitan ter proxectos paralelos, como El Páramo, Sonnöv, Toundra ou Exquirla. En palabras de Mondo Sonoro: “Máis dunha década levan Adrift sendo o gran segredo a voces do metal nacional”.
000