ALA.NI

Mércores_9_Agosto

Biografía

Elegancia e sofisticación definen o estilo de ALA.NI. Esta londiniense de pais caribeños compón, produce e canta unha música intemporal, viva. Cancións imperecedoiras, concisas, arranxadas e orquestradas cunha delicadeza sublime, que interpreta coa súa voz de soprano, alterada polo toque trasnoitado dunha diva do jazz, quizais herdada ou inspirada pola obra do seu tío avó Leslie Hutchinson, quen fora unha estrela do cabaré nos anos 20 xunto a Cole Porter. O seu álbum debut You & I (Naïve, 16) é froito dunha madurez que só dá a experiencia vital, no seu caso ligada desde nena á música e á moda. ALA.NI foi corista de Damon Albarn (Blur), de Andrea Bocelli e de Mary J. Blige, pero tamén foi artífice da súa primeira colección, presentada na Fashion Week de Londres, e colaboradora de coñecidas marcas como Colette ou Estée Lauder. Unha figura contemporánea do Renacemento que, desde hai dous anos, viaxa polo mundo murmurando interpretacións singulares, rebosantes de coraxe e sinceridade e proxectantes de emoción.

Retirada de entradas

As entradas estarán a disposición dos seguidores da banda o día previo ao concerto (Martes 8 de agosto) no quiosco municipal da Praza de Ourense (máximo dúas entradas por persoa ata fin de existencias). O horario para a recollida de entradas será:

  • De 09.30 a 13.00 h
  • De 16.30 a 19.30 h

Sortearanse ademais entradas dobres a través das redes sociais (Facebook e Twitter) do Festival Noroeste Estrella Galicia o día previo a cada concerto.

A apertura do Castelo de Santo Antón terá lugar una hora antes do inicio da actuación. Prégase ao público que acceda ao recinto ao menos 30 minutos antes do comezo do concerto.

000