Alien Tango

Sábado_12_Agosto

Biografía

Alberto García Roca “Aitite” é a alma máter dunha banda que debutou en 2016 co seu EP Supernatural Mango, un conxunto de ácidas melodías de sintetizadores e guitarras entre sons de acordéon secular e sitar que inclúen ruidos producidos coa súa propia carne. Imaxina, se podes, unha mestura entre os Bee Gees, The Rocky Horror Picture Show e os Beatles que camiña na mesma dirección que Foxygen ou Ariel Pink. Os murcianos son unha banda sorprendente e inclasificable, bizarra e divertida que fan música para facer o amor… ou outras cousas. Faise evidente que non debes perder a Alien Tango, veña da galaxia que veña, e é que estes seres estranos sitúanse como un dos grupos emerxentes do ano, despois de pasar por SOS 4.8, Monkey Week, Santander Music ou Primavera Sound.
000