Ånima

Xoves_10_Agosto

Biografía

Os coruñeses Ånima traen ao Noroeste Estrella Galicia o seu rock metalizado, caracterizado polos cambios de ritmo e pola descarga de enerxía que se produce sobre o escenario e se traslada ao público. Con sete anos de vida ás súas costas, a banda de rock alternativo formada por Rolo (guitarra e voz), Dabe (batería e coros), Miguel Ángel (baixo e coros) e Duro (guitarra) achega ao escenario do festival coruñés o resultado do seu último traballo, En Guerra. Unha proposta tan guerreira coma sempre, pero chea de matices, complexidade e contundencia. Prestando atención a cada detalle, con complexas instrumentalizacións e cunha impecable e versátil voz, os Ánima foron os gañadores da pasada edición do concurso de maquetas de Cuac FM.
000