Atrás tigre

Sábado_12_Agosto

Biografía

Dende o seu primerio EP de homónimo nome en 2016, a banda compostelana Atrás Tigre non deixa de soar en todas as voces. Atrás tigre (Triunvirato 2016), gravado no Laboratorio Soyuz, foi seleccionado pola revista Mondo Sonoro como un dos mellores traballos do ano pasado. Eles son Pedro (guitarra e voz), Olalla (teclados e voz), Xiana (baixo e voz) e Antón (batería) e definen o seu estilo como jangle pop sucio e cósmico, de cadencia primitiva doce ou acelerada. Este ano editan Fainos Saír, onde afondan no seu lado máis synth pop, con guitarras vibrantes e liñas de baixo revoltosas. Letras en galego e despreocupación -polo momento- con iso de buscar un son propio, son as marcas da casa. Cada canción posué a sua propia liña. As referencias poden ser Yo la tengo, Smiths, Pixies, Pavement, Hole, The Cure, Suede, Stone Roses, Planetas, Manta Ray, Slowdive ou My Bloody Valentine, entre outras moitas. Os Atrás Tigre son unha aposta segura para os amantes do pop máis envolvente e aventureiro.
000