Aviador Dro

Xoves_10_Agosto

Biografía

Toda unha veterana da electrónica española, a banda Aviador Dro suma xa case catro décadas dando que falar enriba dos escenarios. Nado en Madrid no ano 1979, trátase dun grupo mítico e pioneiro do electro-tecno-pop futurista do noso país. Aviador Dro foi o encargado de seguir a finais dos 70 en España a liña da música electrónica mesturada co pop e co rock, sons que entón estaban a desenvolverse en Europa e en Estados Unidos da man de bandas como Kraftwerk e Devo. Responsable tamén do seu propio selo discográfico, DRO, ao longo da súa dilatada traxectoria publicaron máis dunha trintena de traballos. O seu nome, abreviación de El Aviador Dro y sus Obreros Especializados, é unha homenaxe á ópera L’aviatore Dro (1915), un poema tráxico en tres actos do compositor e musicólogo italiano Francesco Balilla Pratella (1880-1955). Aínda hoxe, os seus dous primeiros álbumes, Alas sobre el mundo (DRO, 1982) e Síntesis: La producción al poder (DRO, 1983), continúan a ser os seus himnos máis escoitados e constitúen referencias fundamentais para a música española de comezos dos anos 80.
000