Bala

Xoves_10_Agosto

Biografía

Anxela (guitarra e voz) e Violeta (batería e voz) son un dúo difícil de clasificar. Dúas voces moi distintas cun son que recorda aos grupos de rock intenso dos 90. Cunha mestura de influencias que van dende o grunge ao stoner pasando polo hardcore e o punk, o seu primeiro disco –Human Flesh– esgotouse en cinco meses. Co segundo, Lume, experimentan por primeira vez co galego e co castelán en nove impactos de grande intensidade musical. As Bala son xa un nome habitual nas listas de “O mellor do ano” nos medios musicais do Estado  e chegan ao Noroeste Estrella Galicia despois de xirar por Xapón e Australia, de encher salas en Londres e Bristol e de triunfar en festivais tan diversos como WOSINC,  Nordestazo, She’s the Fest ou maRock.
000