Bifannah

Sábado_12_Agosto

Biografía

Bifannah nace a medio camiño entre Reino Unido, Barcelona e Galicia na primavera do 2015. Antía Figueiras, Guille V. Zapata e Antón Martínez (ex-membros de Wild Balbina, Mvnich ou Avispa) mesturan neste novo proxecto do século XXI a tropicalia e a cadencia do 60´s moddy garage. A súa primeira referencia en formato dixital, un EP grabado da man de Manu G. Sanza e Ibán Pérez, en Terraforma Estudios, regálanos cinco cancións reflexo da súa querencia polo garage, o fuzz e a psicodelia, partindo da lusofonía atlántica. Hai bandas que entusiasman dende o primeiro minuto e este é o caso de Bifannah e as súas deliciosas melodías. Calidez e sensualidade da man da lírica e a musicalidade da lingua. A namorar toca.
000