Boyanka Kostova

Sábado_11_Agosto

Biografía

Boyanka Kostova é unha banda de rap/trap de Santiago de Compostela. Despois de facer música xuntos en diferentes agrupacións, empezan a facer cancións en marzo de 2016. Dous meses despois publican a súa primeira maqueta con dúas cancións dispoñible para descarga gratuíta na rede e comezan a dar concertos. A finais de 2016 a banda pasa a formar parte do selo discográfico La Melona. En 2017 empezan a sacar temas que serán incluídos no primeiro longo do grupo que sairá a finais deste ano. A música de Boyanka é universal, baseada en ritmos hipnóticos e flow costumista.
000