Calero

Xoves_10_Agosto

Biografía

Tras varios anos ao frente de bandas como WolRuS ou Graham Summer, explorando os terreos do folk-rock americano de inspiración clásica, Calero presenta o seu albúm debut: Un as en la manga. Un disco que supón un paso adiante e un cambio radical en todos os sentidos. Cambio de idioma e cambio de estilo formal. Gravado e masterizado en Summerfield Records, este álbum caleidoscópico é un intento de romper barreiras creativas e abordar dunha forma renovada o proceso artístico. Coa participación doutros músicos que achegan diferentes xenialidades e matices, é unha das novidades máis interesantes do presente ano xurdida dende Galicia. Arte ata as súas últimas consecuencias.
000