Captains

Martes_8_Agosto

Biografía

Captains é un proxecto que xurdiu case por casualidade cando a cantante alemá Fee Reega e o produtor David Baldoy atopáronse a comezos de 2015. A súa idea era gravar algunha das súas novas composicións, pero pouco despois uníronse Oskar SD (batería) e Aaron Dall (baixo) e desde entón non pararon de xirar por salas e festivais. O seu traballo, de  título homónimo, foi publicado o pasado mes de marzo e conta con dez temas con influencias musicais moi heteroxéneas. Da electrónica ao post-punk ou do pop ao folk, as súas mesturas conseguen un estilo moi persoal con sons de guitarra elaborados e reminiscencias de shoegaze. O seu carácter transgresor impregna tamén as súas letras, que teñen algo de autobiográficas, e que fundamentalmente son en inglés, pero tamén en castelán e alemán.
000