Christoph Berg

Xoves 4 agosto

Biografía

As composicións de Christoph Berg, exquisito músico e compositor asentado en Berlín, están orientadas á fráxil música acústica de cámara. As súas gravacións e directos son próximos aos chamados one man band, xa que Berg grávase fragmentos para despois seguir interpretando sobre eles e crear diferentes capas de son, coas que logra alcanzar cotas de extrema beleza. Berg colabora con músicos asociados á música clásica, pero tamén á electrónica e á crecente nova escena de artistas contemporáneos de Centro Europa. A súa actuación no Festival Noroeste Estrella Galicia supón a súa primeira visita a Galicia e o seu único concerto en España este verán.

 

000