Comando Psicográfico

Xoves 4 agosto

Biografía

Comando Psicográfico é un proxecto a cabalo entre a performance e o ritual. No escenario, o pintor coruñés Pablo Gallo enfróntase a cegas á folla en branco mentres o músico IagoAlvite, que leva máis de 20 anos formando parte de grupos coma Los Eskizos ou Machetazo, pon a banda sonora aos debuxos que Pablo fai fronte o público. Un proxecto efímero e experimental, en forma de ritual pagano, que xira en torno ao espiritismo e que se nutre tanto do happening artístico como da función teatral. En directo, Iago crea con distintos obxectos e instrumentos unha música espectral, que trata de evocar unha atmosfera sonora que potencie o ritual e guíe a Pablo na escuridade. Con estes elementos sobre o escenario, o dúo performático-mediúmnico, renova tamén os espíritos de toda a audiencia que presencia a fraternal cerimonia de conxuros hipnagógicos. O libro Dibujar en la oscuridad, escrito e ilustrado por Pablo (El Gallo de Oro, 2016), é o único material editado sobre este proxecto artístico, polo que a súa actuación no Festival Noroeste excede a experiencia dun concerto, ofrecendo ao público unha expedición polo mundo da escuridade do espectro onírico.

 

000