Cora Sayers

Venres 5 agosto

Biografía

Cora Sayers é o álter ego da actriz pontevedresa Cora Velasco.Tras gravar en 2014 o seu primeiro EP, Origen, en setembro de 2015 grava e mistura o seu LP I’m Home nos Estudios Montealto da Coruña, masterizándoo en Mystery Room Mastering (Wisconsin). O primeiro single do álbum é You, Home, no que fai gala de toda a elegancia da súa voz. En directo a acompañan á batería Nico Lysergic, coas guitarras G. Isanda e Laura Solla e ao baixo Pedro García. Actuou en salas de Madrid, Pontevedra e A Coruña, entre moitas outras cidades, e participou tamén en festivais como VRAO en Lugo, Campeiras Live na Coruña ou na presentación do Armadiña Rock. O seu tema en acústico He Rules in Purple formou parte da banda sonora da curtametraxe Constelación Urbana, de Luis Galán.

 

000