Cygne

Martes_8_Agosto

Biografía

Tras anos de estudo de violín clásico, Laura Meyer atopa a súa voz compoñendo e interpretando os seus propios temas en Nueva York. A californiana chega ao Noroeste Estrella Galicia co seu último traballo debaixo do brazo, Let it Breathe, un álbum escrito en resposta á súa experiencia en Europa durante a crise de refuxiados e os ataques terroristas de 2015 e 2016. Como ela mesma di “Ante a frustración e a indefensión dun mundo inxusto, a vida ten que enfocarse cara ás pequenas sementes que hai na escuridade. A vida é o descoñecido. E sentir, crear e experimentar son vida.” Cygne traerá así ao Festival Noroeste Estrella Galicia esperanza e inspiración para momentos sen respostas.
000