Dagla

Xoves_10_Agosto

Biografía

Os coruñeses Dagla sonan a Stoner, pero cun estilo propio moi marcado. As súas influencias son numerosas e variadas, onde os primeiros Black Sabbath, os omnipresentes Kyuss e os seus idolatrados Queens of the Stone Age forman os piares. As connotacións punk, o metal, o blues e o hard rock procuran o seu lugar nas súas composicións, letras  en castelán que fan de Dagla case unha excepción nun xénero onde o inglés é predominante. Ademais, a voz  de  Mon  Chiño (que está acompañado por Diego A. Silva á guitarra, César Lerma á guitarra e ás voces, Pedro Coira Díaz ao baixo e Javier Barreiro á batería) outórgalles un  carácter moi  persoal. Demostrando a súa contundencia en cada concerto, en breve entrarán a gravar os temas que xa están a presentar en directo e que formarán o seu primeiro EP, editado en formato vinilo.
000