Druso

Venres_11_Agosto

Biografía

Un novísimo cantante, compositor e multi instrumentalista que comeza a tocar no instituto obsesionado con grupos noventeros como Pavement, Sonic Youth ou Yo la tengo e, tras pasar por moitas e moi diversas formacións, consegue definir a súa proposta musical. El é Druso, nome real, a aposta de Subterfuge Records para 2017. A súa música está conectada cos Beatles, os Byrds ou Modern Lovers. Un son moi persoal que celebra a mocidade e a naturalidade da música feita nun local de ensaio. Neopsicodelia, garage, pop… todo, con moito amor.
000