Eager Platypus

Sábado_12_Agosto

Biografía

Eager Platypus é unha banda de rock, con influencias clásicas e actuais, que nace a mediados de 2015. Todo empeza cando Pablo Fonteboa e Esteban Vázquez se xuntan para procurar un son propio. Pronto entran a formar parte o resto de compoñentes e o proxecto comeza a ter o son que ansiaban. Ao pouco tempo compoñen os seus dous primeiros temas, Stop trying e Not the time, que en novembro de 2015 pasarían a ser la banda sonora dunha curtametraxe en contra da violencia de xénero chamado Disfraces. Durante 2016, a banda ofrece as súas primeiras actuacións e en verán comezan o proceso de gravación do seu primeiro EP, que se publica a finais de ano na súa páxina de Bandcamp. Agora, en 2017, Eager Platypus está a preparar o seu primeiro tour para dar a coñecer o seu EP e creando material para un segundo traballo. Ademais das súas propias creacións, no repertorio do grupo pódese atopar un amplo abanico de versións que van desde o rock clásico, como Led Zeppelin ou Janis Joplin, ata o rock máis actual, como Foo Fighters, Queens of the Stone Age ou Jack White.
000