Emilio José

Xoves_10_Agosto

Biografía

Emilio José chegará ao Noroeste Estrella Galicia co seu terceiro traballo en solitario, Nativos digitais, debaixo do brazo. O ourensán de Quins que conquistou a crítica estatal a finais da década pasada con Chorando apréndese demostra unha vez máis que a súa capacidade creativa é inesgotable. Nesta terceira aventura, que lanzou gratuítamente ao mundo o pasado mes de marzo a través do seu bandcamp, recombina fragmentos de audio, efectos e bases rítmicas sobre as que introduce os seus persoais recitados de hip-hop. Moita experimentación, crítica social, poesía electrónica e o intenso mundo persoal de Emilio José danse cita nesta mixtape de 64 cancións que presentará nun concerto no que tamén haberá un oco para o reggae, o jazz, o indie, o rock progresivo, o post-rock, a psicodelia, a verbena, o tropicalismo, o folk… e, en fin, para esa particular mestura de modernidade con tradición que xa é marca da da casa, xunto coas letras en galego cargadas de ironía e de retranca.
000