Enric Montefusco

Martes_8_Agosto

Biografía

O proxecto persoal do fundador, compositor e vocalista de Standstill é unha aposta fiel á súa concepción catárquica do rock en resposta á necesidade de expresión política e social desde a intimidade persoal. Enric Montefusco avanza na súa carreira musical e literaria coa súa achega máis autoral, que dá saída á súa incomodidade ante o recoñecible, a súa vontade de retratar á clase traballadora cunha linguaxe propia, multidisciplinar e emocionante.
Trae ao Noroeste Estrella Galicia o seu traballo debut, Meridiana, once cancións intensas con ecos diversos: a chanson francesa, o folclore mediterráneo, as palmas flamencas, o coqueteo co ritual percusivo da abraiante Adiós e, en definitiva, a asunción das propias raíces que culmina en El riu de l’oblit, o primeiro tema en catalán da súa traxectoria. Estará acompañado no escenario por Pere Jou (teclados e acordeón), Jaime del Blanco (violín e tuba) e Ramon Rabinad (batería e percusión).
000