Espiño

Venres_11_Agosto

Biografía

Alfonso Espiño é un compostelán vencellado ao mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Despois de pasar por Contrastes, Mega Purple, Sex Toy Kit ou Los Chavales, agora lánzase cun proxecto persoal que dá un paso adiante para afondar no pop de corte psicodélico con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. Desta vez, Alfonso aposta pola produción propia e polo galego. Acompañan á voz e ao baixo de Espiño, Brais Sánchez ás guitarras e aos coros, Alexandro González aos teclados e aos coros, e Curro Marcos á batería. A banda, creada en outubro de 2016, xa se fixo co primeiro premio do II Certame de Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor. Alfonso nunca defrauda no escenario, podemos confirmar que esta nova etapa, a máis persoal e imaxinativa do músico compostelán, non é unha excepción. O baile e a ledicia están asegurados.
000