García MC

Domingo_13_Agosto

Biografía

García MC comeza rapeando con 13 anos xa con letras propias e é un dos fundadores do colectivo de hip hop Dios Ke Te Crew. Leva máis dunha década impartindo obradoiros e cursos sobre cultura hip hop, entendida como unha ferramenta de empoderamento e de transformación social. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, formou parte de Radio Kalimera ou da banda Fura Fura (homenaxe a Zeca Afonso) e ten participado ademais en diferentes mesas redondas e coloquios como defensor da cultura libre. A título individual levou o seu rap en galego a lugares como Copenhangue, Guiné-Bissau, Portugal e México. Co EP Abaixo e De Pé, García amosa amor e rabia nun ollar rebelde desde esa mesma clara posición na loita. Todas as letras son propias, agás o poema Amor e sangue en Chiapas de Lois Pereiro.
000