Harakiri

Mércores_9_Agosto

Biografía

Harakiri son unha banda afincada da Coruña que afía as súas “katanas” por primeira vez a principios de 2016 no IX Festival Solidario “En Directo”, organizado polos Locais de Ensaio da súa cidade. Con varios cambios na formación, neste tempo percorreron diferentes salas coruñesas, dando forma a unha proposta que se bebe como un combinado das sutilezas do pop e a rudeza do rock and roll máis primitivo. Directos, sen aderezos e sen artificios.
000