Helado Negro

Mércores_9_Agosto

Biografía

Nado en Florida en 1980, pero na actualidade afincado en Brooklyn, Roberto Carlos Lange, fillo de inmigrantes ecuatorianos, conta que creceu en entre calor tropical, humidade e furacáns. Todo iso en medio dos cores e os sons das varias culturas latinoamericanas que conviven no sur de Florida. O seu alter ego, Helado Negro, recolle na súa música, pop de corte electrónico con moitos matices, aquilo que absorbeu de neno, pero coas numerosas influencias que se cruzan no seu camiño. Interesado polo son da vida, os ritmos baixos dos coches e as festas nocturnas chamadas “peñas” forman parte do seu imaxinario ao grito de “Young, Latin and Proud” (“Mozo, latino e orgulloso”), que converteu tamén en canción. O seu último disco chámase Private Energy (2016), ademais de manter en paralelo numerosas colaboracións e outros interesantes proxectos.
000