Hongo

Martes_8_Agosto

Biografía

Quince anos de traballo ininterrompido avalan a traxectoria de Hongo, un dos grupos de referencia estatal do crust-punk. Sons tétricos e potentes á vez que melódicos, crean en cada un dos seus discos e concertos unha atmosfera escura e épica, envolta nun son e nunha composición tremendamente persoais. Hongo son David (voces e guitarra), Iván (batería), Villa (baixo) e Ernesto (guitarra). Todos eles sentiron a necesidade, en 2002, de ampliar a súa experiencia en proxectos como Madame Germen, Nashgul, Ictus ou Black Panda, e mergullarse en novas aventuras musicais. Estes catro músicos incansables levaron a súa inclasificable mestura de sludge, punk, crust, metal e black melódico, por gran parte de Europa. Con cinco discos ás súas costas, xiraron en seis ocasións polo continente europeo, cinco por España, dúas por Portugal e actuaron en centos de festivais nacionais e internacionais. Agora, na Coruña, a súa cidade, levarán o Campo da Leña a outra dimensión.
000