Indomable

Martes_8_Agosto

Biografía

Arturo Rodríguez é o “home orquestra” que hai detrás de Indomable, un proxecto unipersoal no que o coruñés toca á vez guitarra acústica, armónica, bombo e pandeireta. Despois de xirar por medio mundo con diferentes bandas, tanto enriba como detrás do escenario, en 2016 autoeditou o seu primeiro disco Incondicional e imperfecto, un traballo que recolle oito temas de corte intimista, ritmos pausados e marcado carácter folk. Comparado a miúdo con José González, The New Raemon, Ángel Stanich, Standstill ou Neil Young, as súas cancións, sen estribillos, abordan letras metafóricas e evocadoras.
000