Iván Ferreiro

Sábado_12_Agosto

Biografía

Despois de liderar trece anos un dos grupos máis importantes da escena alternativa española -Los Piratas-, Iván Ferreiro emprendeu a súa carreira en solitario en 2005 con Canciones para el tiempo y la distancia, convertido nun dos discos en castelán de referencia do século XXI. En 2008 chegaría Mentiroso, mentiroso e en 2010 Picnic extraterrestre para consolidar unha traxectoria na que ademais se rodeou e colaborou con numerosos amigos e músicos como Xoel López, Leiva, Quique González, etc. Despois doutros dous traballos -Confesiones de un artista de mierda (2011) y Val Miñor-Madrid. Historia y cronología del mundo (2013)-, Iván Ferreiro editaba en outubro de 2016 Casa, un álbum de catarse persoal moi ben recibido pola prensa especializada e polo público. O músico de Nigrán é, ademais, autor de himnos xeracionais como El equilibrio es imposible, Mi coco, Te echaré de menos o M.
000