Jules & The Wolf

Martes_8_Agosto

Biografía

Este trío coruñés formado por Roi Paz (voz e baixo), André Pan (batería) e Gonzalo Di Gregorio (guitarra) xurde en 2013. O seu primeiro traballo, Shores, sae á luz en 2015 e inclúe catro temas de rock alternativo. As letras son en inglés e a temática xira arredor de experiencias propias e, segundo recoñecen eles mesmos, algunhas paranoias. Influenciados por bandas como Red Hot Chili Peppers, Incubus, Biffy Clyro, Queens Of The Stone Age, Arctic Monkeys, Foo Fighters, Pearl Jam ou Royal Blood, entréganse absolutamente en cada directo buscando un son máis maduro e unha posta en escena cada vez máis intensa. Este 2017 verá a luz o seu próximo traballo.
000