Klüte

Mércores_9_Agosto

Biografía

Os Klüte chegan desde Ferrol para animar ao baile cunha potente descarga de power-pop e punk-rock. O trío engancha dende os primeiros segundos coa súa potencia e brillo sobre o escenario. Car (guitarra e voz), Jai (baixo e coros) e Juli (batería e coros) ofrecen unha mestura de melodía, magníficos riffs que animan a bailar, intensas liñas de baixo, retrousos pegadizos e moito sentimento. Con influencias, conscientes ou inconscientes, de Hüsker Dü, Jawbreaker, The Replacements ou Nada Surf, publican o seu primeiro EP Summer Hits to Sing Along (CGTH Records) e xa veñen presentando o segundo, Loser, que editan de maneira conxunta Monasterio De Cultura, Sello Bramante e CGTH R’n’R Party, gravado en Estudios Montealto e masterizado en North London Bomb Factory Mastering. Estes ferroláns son unha racheada de aire fresco, poderoso, desordenado e divertido. Imprescindibles.
000