Lamprea explosiva

Martes_8_Agosto

Biografía

Alén e Adán son Lamprea Explosiva, dous vigueses que se definen como “dous namorados da vida e do ruído aos que lles gusta patinar, comer espinacas e correr entre os fentos”. Unha descrición que fai presaxiar o seu sentido do humor, que reflicten sen pudor en cada un dos seus microtemas de punk primitivo. Desde os seus inicios, e como recollen nos seus dous primeiros EPs e no seu disco Juramento, beben de fontes como Los Ramones, Wipers ou Siniestro Total, que inspiran o seu son garage, sucio e divertido. Ruidismo gamberro a base de distorsión de guitarra e incisivas baterías que dan paso a letras surrealistas en forma de pequenas pílulas de hardcore hilarante.
000