Less fortunate songs

Martes_8_Agosto

Biografía

Ritmos rápidos e letras críticas a ritmo do punk rock que nos retrotraen a mediados dos anos 90 son a tarxeta de presentación de Less Fortunate Songs. Este cuarteto coruñés formado en 2011, pero cun amplo historial en bandas punk-hardcore da cidade (Zombie Riot, Mala Sangre, Rosvelt, Wolves are coming, etc.) comezou facendo covers de bandas ás que admiraba para terminar pouco despois compartindo escenario con grandes grupos como Mute, Mad Caddies ou Burning Heads. Como eles mesmos din, o que fai Less Fortunate Songs é “punk vitamínico con pinceladas de hardcore dos 90″. As súas letras sociais, comprometidas e persoais, acompañadas duns ritmos veloces e pegadizos, oriéntanse cara á vella escola do punk-hardcore que soaba nos xa esquecidos Walkman, seguindo o ronsel de bandas melódicas como Pennywise ou Bad Religion. Uns guerreiros do punk enerxético e positivo da escena underground da Coruña que, sen dúbida, sorprenderán este Noroeste Estrella Galicia.
000