Lisa & The Lips

Mércores_9_Agosto

Biografía

A banda de músicos madrileños e americanos capitaneada por Lisa Kekula logrou fusionar a súa alma derrubando fronteiras xeográficas, creativas e espirituais. A protagonista vocal ábrese en cada directo, dosifica agarimos e golpes sonoros, murmurios e arrebatos cargados de intensidade. A contundente personalidade de Lisa déixase levar polo funk máis descarado, sen perder a forza e o goce de cada tema. O grupo de músicos que a acompaña encaixa ao milímetro e non deixa lugar a nada máis que alabanzas e envexa dos compañeiros de profesión. Lisa Kekula (voz, coros), Bob Vennum (baixo, sintes, coros), Pablo Pérez (guitarras, coros), Henrik Widen (hammond B3, Rhodes, Wurtlitzer, Clavinet, Vibraphone, piano acústico), Maxi Resnikosky (batería), Pablo Rodas (baixo), David Carrasco (saxo tenor e barítono) e Alex Serrano (trompeta) camiñarán ata o límite facendo subir a temperatura este Noroeste Estrella Galicia.
000