Los bengala

Venres_11_Agosto

Biografía

Cancións curtas, concisas, que dan un golpe na mesa. Estimulantes explosións musicais que non deixan a ninguén indiferente. Los Bengala son só dous artistas -dous instrumentos e dúas voces- que non inventan nada novo, pero son unha enerxía salvaxe cun son único. Os poderosos acordes de Guillermo á guitarra vense respaldados polos complexos ritmos de Borja á batería, ambos a coro na voz principal. Unha enerxía irresistible fórmase no seu directo e calla no público grazas á súa actitude descarada.
Establecéronse como unha das bandas de rock and roll máis estimulantes do Estado co seu aclamado álbum debut Incluso Festivos e compartiron cartel e escenarios con The Libertines, Wilco, Kula Shaker, The Sonics, Los Saicos, The Cynics, Kase.O, Guadalupe Plata, Amaral, Vetusta Morla, Novedades Carminha, Lisa & The Lips, Dead Moon e un longo etcétera. A prensa sitúaos como unha das bandas máis relevantes do rock’n’roll patrio e o Noroeste Estrella Galicia será unha ocasión excelente para comprobar por que.
000