Los mambo jambo

Xoves_10_Agosto

Biografía

O cuarteto instrumental Los Mambo Jambo naceu en Barcelona a finais da década pasada cunha proposta mestiza, directa e intemporal, que conecta co público de calquera parte do mundo. De Europa a Brasil, pasando por México, o éxito dos seus electrizantes directos reside na entrega dos membros do grupo sobre os escenarios e na execución precisa dos ritmos exóticos que conforman o Son Jambofónico. Rock & roll, rhythm & blues, surf, swing… Na mestizaxe explosiva de Los Mambo Jambo teñen cabida todas as visións e estilos dos membros da banda, amalgamados nunha manchea de temas concisos e contundentes repletos de acción que chegan directos aos pés do público e invitan ao baile.
Los Mambo Jambo son Dani Nel·lo ao saxofón, Ivan Kovacevic ao contrabaixo, Anton Jarl á batería e Dani Baraldés á guitarra. Chegan ao Noroeste co seu cuarto disco debaixo do brazo, Jambology (Buenritmo Records, 2016).
000