Malandrómeda

Sábado_12_Agosto

Biografía

Hevi e O Master do Son forman a banda de rap galego da que todo o mundo fala. Co humor galego como sinal de identidade, os Malandrómeda combinan vangarda e costumismo en rimas de batalla e ritmos imaxinativos. Os reis do hip hop galego ofrecen moita retranca e mal xenio, nun directo cachondo para bailar sen descanso. Despois de cinco anos de silencio, en 2016 publicaron simultaneamente Os corenta e oito nomes do innimigo e Cada can que lamba o seu carallo da man do selo Matapadre. Dous discos independentes que funcionan como dúas caras da mesma moeda. Ao Noroeste Estrella Galicia traerán as súas tonadas astutas e absurdas, obra  dun humeante cerebro tribal: da vangarda á retagarda. Nunca Galicia foi tan caníbal.
000