Mielitza

Xoves_10_Agosto

Biografía

A coruñesa Carla López embárcase nun proxecto que vai dende a minúscula infinitude do átomo á grande inmensidade dos planetas que forman galaxias. As súas notas, letras e acordes camiñan xuntas nun fluír emocional por momentos máis íntimos cara á súa expansión. Acompañana neste discorrer musical, Bruno Couceiro á batería, Pablo Sanmamed ao baixo e Iago Mouriño nos teclados. As composicións, a voz e a guitarra de Carla lévannos por camiños de luces e sombras, envolvéndonos a través de diversas imaxes paisaxísticas. O último proxecto de Mielitza está en proceso de creación cunha campaña de crowdfunding en Verkami que leva por nome: Illa.
000