Mourn

Mércores_9_Agosto

Biografía

Barcelona, 2014. Catro mozos de entre 15 e 18 anos irrompen no mundo indie cun disco debut homónimo: Mourn. Os seus primeiros temas, inspirados en Archers Of Loaf e Sleater-Kinney, gustaron tanto que non tardaron en publicar un álbum. A autenticidade e frescura do repertorio trascende fronteiras e o selo norteamericano Captured Tracks (DIIV, Mac Demarco) recoñece o talento destes rapaces, que xa compaxinan estudos e concertos internacionais. Despois dunha tempada encerrados no local, temos por fin a oportunidade de escoitar os temas de Ha, ha, he en directo. O público do Noroeste Estrella Galicia será partícipe da solvencia de Antonio á batería, a maxia impredicible de Leia ao baixo e o perfecto dobre ataque vocal e guitarreiro de Jazz e Carla que, en aparente simplicidade, converten o aspecto pop inicial en rock virulento enriquecido con arranxos e estruturas hipnóticas que atrapan. Os risos están asegurados.
000