Naranja imaginario

Martes_8_Agosto

Biografía

Diversidade e tecnoloxía definen a arquitectura de Naranja Imaginario. Este proxecto musical formado por persoas con discapacidade intelectual da Coruña creou un directo multidisciplinar, emocionante e singular que xa chamou a atención dentro do mundo das artes. O pasado mes de maio abrían en Madrid o Festival Una Mirada Diferente, cun concerto na praza de Lavapiés e dous días consecutivos dentro da Sala Francisco Nieva do Teatro Valle Inclán. Todo un fito para a banda, que observa como, directo a directo, o proxecto soborda unha coraxe e unha emoción que o público recibe completamente entregado á súa mestura de estilos entre a psicodelia e o pop, entre o electro latino e o synthwave.
000