New day

Mércores_9_Agosto

Biografía

Despois de 24 anos de traxectoria con Dover, Amparo Llanos renace con New day, xunto con Samuel Titos (ex Dover) ao baixo e Jota Armijos (ex Fuckaine) á batería. Os trece temas que compoñen o seu primeiro traballo, Sunrise, foron gravados no estudo El Invernadero de Madrid, baixo a producción dos propios Amparo e Samuel e a mezcla de Ferni Duhalde. Este proxecto xurde directamente do corazón e dende a propia experiencia sobre os escenarios e na estrada. A mesma Amparo defíneo como “unha mestura de grito de independencia e de anhelo dos demais”. O trío esgotou as entradas ás poucas horas no seu debut o pasado 25 de novembro e o albúm converteuse nun dos máis vendidos. Este é o alentador comezo dunha banda que ten moito que dicir.
000