Os Gru

Mércores_9_Agosto

Biografía

Os Gru é unha banda formada por Vanesa Castro e Iñaki López -ambos artistas multimedia- en 2004. Un proxecto musical baseado nunha “electrónica caseira”, como eles mesmos din, no que tamén se suceden un abano de estilos. Traballan xuntos dende 2003 na produtora independente Fur Alle Falle, polo que dende 2006 incorporan o mundo audiovisual ao proxecto, realizando videoclips que presentan en numerosos certames. En 2013 publican Nu, un traballo de pop experimental e carácter intimista, e con Ai ruada (2014) samplean as primeiras gravacións analóxicas realizadas en Galicia por Alan Lomax e combínanas con electrónica e rap. En 2015 dan forma a un directo cargado de “esencia, presenza e potencia” no que recompilan as súas mellores pezas con rapeos e batidas electrónicas paseándose polo pop, o reggae ou o dubstep.
000